O Concello de Xove organiza un amplo programa de actividades para este Nadal, que terán lugar do 16 de decembro ao 28 de xaneiro.

O Concello de Xove organiza un amplo programa de actividades para este Nadal, que terán lugar do 16 de decembro ao 28 de xaneiro.
 
O programa de Nadal organizado polo Concello de Xove dará comezo o venres, 16 de decembro, co obradoiro de colocación do Belén que terá lugar na OMIX entre as 17:00 e as 20:00 horas, para mozos e mozas de10 e 18 anos.
 
O 18 ofrecerá un concerto Sons de Celeiro ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico. O xoves 22 Papá Noel visitará Xove e entre as 11:00 e as 13:00 horas estará no salón de actos do Centro Cívico para recibir a todos os nenos e nenas. O venres 23 terá lugar o VI Concurso de Karaoke ás 21:00 horas no pavillón de deportes. A inscrición previa será ata o día 23 na oficina do técnico de Cultura ou o mesmo día 23 de 17:00 a 19:00 horas no pavillón de deportes. Os/as participantes que leven música propia que non estea incluída na lista da organización, poderán realizar a inscrición previa ata o 16 de decembro. Os ensaios van ser o mesmo día do concurso en horario de 17:00 a 19:00 horas no pavillón de deportes e realizaranse na mesma orde de inscrición.
 
O domingo 25 celebrarase un Especial Nadal co espectáculo infantil Superfesta co mago loco ás 18:00 horas no pavillón municipal de deportes e haberá chocolatada gratuíta.
 
Dende o luns 26 ata o venres 30 terá lugar a semana Lecer Blanco con actividades como cociña creativa, manualidades, mindfulness, música, xincana e karaoke entre outras. Anotacións ata o 16 de decembro no teléfono 667 201 429. As prazas son limitadas e está organizado pola ANPA Pedro Caselles Rollán.
 
O día 27 ofrecerase a proxección da película infantil Mascotas ás 17:00 horas no salón de actos do Centro Cívico. O mércores 28 terá lugar un torneo de futbolín na OMIX, os/as participantes deberán ter entre 12 e 30 anos e a inscrición é ata o 23 de decembro na OMIX. Tamén ese mércores 28 haberá o gran concerto de Nadal coa Orquestra Clásica de Xove ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico.
 
O xoves 29 celebrarase o musical Panorama Kids ás 20:30 horas no pavillón municipal de deportes. O prezo da entrada é 10 euros e a venta anticipada en www.facebook.com/orquestapanorama e en ticketea. O venres 30 ofrecerá un concerto Escolma de Meus ás 21:30 horas no salón de actos do Centro Cívico. O último día do ano, sábado 31, haberá unha festa infantil de fin de ano entre as 11:00 e as 13:00 horas no pavillón municipal de deportes.
O 4 de xaneiro será o Día dos Nenos con xogos acuáticos na piscina municipal entre as 11:00 e as 14:00 horas, e as 16:30 e 19:30 horas. Tamén haberá inchables no pavillón municipal de deportes entre as 16:00 e as 20:00 horas.
 
O día 5 a partires das 19:00 horas, a Cabalgata de Reis recorrerá as rúas de Xove. Os/as nenos/as que queiran participar de pastores na Cabalgata terán ata o venres, 30 de decembro, para anotarse chamando ao 982 59 20 01. Ese xoves ás 20:00 horas no pavillón de deportes estará a Discoteca Móbil Decibelios.
 
O 7 de xaneiro haberá teatro e o Grupo da Fundación Eu Son de Burela porá en escena a obra A morte dun caniche. Este programa de actividades rematará o sábado 28 de xaneiro coa presentación da última novela de Rita Morrigan, Corazones en el café, galardoada co Premio Vergara 2016. Terá lugar no salón de actos do Centro Cívico ás 18:30 horas.
 
O Concello de Xove leva a cabo ademais a acción solidaria Tapóns para unha nova vida que consiste na recollida de tapóns de plástico de calquera envase na OMIX, para colaborar coa Fundación Seur a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O programa de Nadal do Concello lévase a cabo pola Concellería de Cultura, a Concellería de Xuventude, a OMIX de Xove, o Lab. de Investigación Social, veciños/as voluntarios/as de todo o concello, a asociación Bolboretas de Xove, a ANPA Pedro Caselles Rollán e asociacións do concello.