Mariña Patrimonio e Nordés Faladora organizan unha charla sobre "Vikingos e outros piratas na Galicia medieval", que será pronunciada por Manuel Gago no Vicedo o 10 de setembro.

Mariña Patrimonio e Nordés Faladora organizan unha charla sobre "Vikingos e outros piratas na Galicia medieval", que será pronunciada por Manuel Gago no Vicedo o 10 de setembro.
 
As asociacións Mariña Patrimonio e Nordés Faladora vimos de organizan para o 10 de setembro unha conferencia a cargo do xornalista e divulgador cultural Manuel Gago Mariño, co título "Pantasmas do mar. Vikingos e outros piratas na Galicia medieval”.  Esta actividade, con entrada libre e gratuíta, terá lugar ás 20.00 horas na Casa de Cultura do Concello de O Vicedo.
 
A xornada completarase cunha visita ao mosteiro de San Miguel na illa Coelleira, que partirá do porto de  O Vicedo ás 10.00 horas. Dado que a visita á Coelleira ten límite de prazas, é imprescindible ter feita a reserva previamente.
 
Ás 14.30 horas haberá un xantar na Casa Fanego de San Román e as persoas que queiran participar nel teñen como data límite para anotarse o 7 de setembro. Finalmente, tralo xantar, farase unha visita ao xacemento arqueolóxico de Os Moutillós.
 
Para coñecer os prezos e as condicións da viaxe á Coelleira así como o custe do xantar, cómpre contactar con Miguel Vizoso no teléfono 619 55 32 36.