Este sábado, 20 de agosto, en horario de 11 a 14 horas, na Feira de Artesanía de Viveiro, ubicada nos xardins Noriega Varela, o ceramista Otero Regal fará unha demostración en directo dunha cocción de raku.
Cada participante poderá decorar unha peza, que xa estará fabricada, e unha vez cocida poderá levala para a súa casa, de forma gratuíta.
Proceso do Raku
As pezas lévanse a un forno pequeno a 900 grados centígrados aprox. Cando os esmaltes alcanzan o seu punto de cocción sácanse, en estado de incandescencia e deposítanse coidadosamente, coa axuda dunhas pinzas de ferro, nun recipiente cheo de viruta de madeira (tamén se poden usar follas de xornal ou follas secas de arbores). O contacto con este medio incendíao e xérase unha enorme cantidade de fume que penetra na peza e entra a facer parte de ela. Os esmaltes reaccionan co fume e o calor e converten os óxidos en metais. Despois de varios minutos, o proceso químico fixase baixando bruscamente a temperatura con auga. Obtéñense ao final tonalidades, texturas, matices e cores fascinantes e nunca iguales dunha peza a outra, que poden ser desde roxos metalizados ata craquelados, nacarados e tornasoles característicos desta técnica.
O Raku é, pois, una complexa alquimia onde interveñen os catro elementos (terra, lume, auga e aire) da cal resultan pezas únicas, sempre marabillosas.