A Asociación Cultural A Pomba do Arco vai celebrar entre o 1 e o 5 de Agosto a XXI edición das Xornadas de Historia Local con 5 conferencias que se realizarán en horario de 20:30 na Casa da Cultura poeta Manuel María de Foz.
O programa das xornadas é o seguinte:
O condado de Fontao
José Manuel Romero Moreno
Luns 1 de Agosto ás 20:30 h Casa da Cultura de Foz
As Irmandades da Fala na Mariña.
Carlos Nuevo Cal
Martes 2 de Agosto ás 20:30 h Casa da Cultura de Foz
A emigración focega.
Martín Fernández Vizoso
Mércores 3 de Agosto ás 20:30 h Casa da Cultura de Foz
Represión e guerrilla en Foz.
Eliseo Fernández Fernández.
Xoves 4 de Agosto ás 20:30 h Casa da Cultura de Foz
Os normandos no norte galego
Xoán Ramón Fernández Pacios
Venres 5 de Agosto ás 20:30 h Casa da Cultura de Foz