Viaxe a Santalla de Oscos o 23 de xullo organizado pola asociación Barreiros Mar e Monte e polo Concello barreirense.

Viaxe a Santalla de Oscos o 23 de xullo organizado pola asociación Barreiros Mar e Monte e polo Concello barreirense.
 
A asociación Barreiros Mar e Monte organiza unha excursión a Santalla de Oscos o vindeiro sábado, 23 de xullo. O prazo para inscribirse remata mañá, mércores, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente. 
 
O edil José Manuel Gómez Puente explica que “para este sábado e dentro do programa da excursión a Santalla de Oscos preparamos unha preciosa ruta de sendeirismo, apta para todo o mundo, que discorrerá por un frondoso val cheo de carballos, castaños e unha variada vexetación de ribeira, co agasallo final da vista dunha espectacular cascada ou seimeira”. 
 
O concelleiro de Medio Ambiente sinala que “os que non desexen facer este paseo de 8 quilómetros de lonxitude poden aproveitar para visitar Santalla ou agardar polo resto do grupo na área recreativa de Pumares, á beira do río, coa posibilidade de dar un chapuzón”.
 
Gómez Puente engade que “despois iremos todos xuntos no bus ao conxunto etnográfico de Mazonovo, onde xantaremos e máis tarde faremos unha visita guiada ao mazo. O prazo para anotarse, por motivos de organización, remata mañá, mércores”. 
 
O Concello barreirense colabora cos organizadores desta excursión.