"Monólogos y locuras" de Nacho García e JJ Vaquero chegará ao auditorio de Burela o vindeiro 15 de xullo. As entradas xa están á venda.

"Monólogos y locuras" de Nacho García e JJ Vaquero chegará ao auditorio de Burela o vindeiro 15 de xullo. As entradas xa están á venda.
 
O auditorio municipal de Burela acollerá o 15 de xullo o espectáculo titulado Monólogos y Locuras de Nacho García e JJ Vaquero.
 
Desde a Concellería de Cultura informan de que “despois de ter gozado recentemente do humor de Luis Piedrahita, o 15 de xullo chega a Burela o dúo de titáns JJ Vaquero e Nacho García co espectáculo Monólogos y Locuras”.
 
José Juan Vaquero é coñecido pola súa sección dentro do programa televisivo El Hormiguero, Las Verdades de Vaquero. Nacho García foi reporteiro na última tempada do programa televisivo Caiga quien Caiga. Ámbolos dous son habituais da canle Paramount Comedy.
 
As entradas xa están á venda na Biblioteca Pública Municipal e na Casa da Xuventude. O prezo na venda anticipada é de 8 euros en patio e 6 euros en anfiteatro, e o día da función poranse á venda na billeteira a 10 euros en patio e 8 euros en anfiteatro.
 
O espectáculo Monólogos y Locuras dará comezo ás 22:00 horas.