A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza os días 28 e 29 de xuño unhas xornadas de postas abertas. Será en horario de 16 a 20 horas e “o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no centro, incluíndo unha pequena clase práctica, previa inscrición”, segundo explica o director Hugo García.
Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades: música e movemento para nenos e nenas nados entre 2009 e 2012; práctica instrumental para rapaces nados a partir do 2008, incluíndo adultos; e danza/ballet para @s nad@s desde 2011 en diante.
Hugo García sinala que “as inscricións deben efectuarse no propio centro entre as 16 e as 20 horas ata o 23 de xuño”.