Os 4 Concertos da Fraternidade, que foron presentados hai uns días en Xove, xa están en marcha e tiveron unha cita importante, xa que unha boa parte dos participantes, non todos, xuntáronse no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para un ensaio do que vai constituír o primeiro concerto, que se vai desenvolver en Xove este venres, 13 de maio, ás 20:30 horas.
As 4 agrupacións que participan (Conservatorio de Viveiro e Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo) xa están a realizar ensaios parciais do programa, cada unha na súa sede, ensaios que van continuar os vindeiros días ata a realización do primeiro concerto.
Ademais do concerto de Xove, están programados:
-20 de Maio: Auditorio de Mondoñedo.
-18 de Novembro: Auditorio de Burela.
-25 de Novembro: Igrexa de San Francisco de Viveiro.
Recordamos que nesta actividade participan, ademais das catro agrupacións musicais antes citadas, os Concellos de Xove, Viveiro, Burela e Mondoñedo, así como a Deputación de Lugo a través da Área de Cultura.