Este mércores, 11 de maio, ábrese a inscrición para participar nas Escolas Deportivas de Verán 2016 do Concello de Ribadeo.

Este mércores, 11 de maio, ábrese a inscrición para participar nas Escolas Deportivas de Verán 2016 do Concello de Ribadeo.
 
Este mércores, día 11, a Concellaría de Deportes abre a inscrición para asistir ás Escolas Deportivas de Verán 2016. Ofertaranse un total de 105 prazas nas modalidades de pesca deportiva, vela, surf, piragüismo e remo.
 
O concelleiro de Deportes, David Rivas, anunciou que “este mércores, 11 de maio, abrimos o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais de Verán. Estas Escolas, como ven sendo habitual nestes últimos anos, complementan ás inverno e céntranse basicamente en deportes náuticos”.
 
O edil nacionalista detallou que “temos pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela. Obviamente tamén facemos isto cunha clara intencionalidade de poñer en valor o noso litoral e a nosa ría”.
 
O responsable municipal de Deportes engadiu que “para máis información e inscricións poden contactar co correo deportes@ribadeo.org, no teléfono 982 129 889 ou mediante a páxina de facebook de Deportes Ribadeo”.
 
As inscricións poderán realizarse a partir do mércores, 11 de maio, na Casa da Xuventudes (Antonio Otero, 15) de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e os martes e os xoves de 16 a 19 horas.
 
O prazo de matrícula estará aberto ata o inicio da escola ou fin de prazas cunha cota total de 40 euros. Os destinatarios destas actividades son os rapaces e rapazas nados entre os anos 2001 e 2008.
 
A escola de pesca deportiva terá 20 prazas e desenvolverase en xullo durante os días 1, 4, 6, 8, 11, 13, 15, 18, 21, 22 e 23 cun horario de 10:00 a 14:00 horas.
 
A escola de vela contará con 15 prazas e celebrarase os luns e venres de xuño de 16:00 a 20:00 horas, e os días 1, 4 e 8 de xullo de 16:00 a 20:00 horas.
 
A escola de surf ofertará 20 prazas e terá lugar en xuño de martes a venres de 16:00 a 18:00 horas con inicio o 9, e do 1 ao 8 de xullo (de luns a venres) de 16:00 a 18:00 horas.
 
A escola de piragüismo terá 20 prazas e a súa presentación será o 27 de xuño ás 16:00 horas. Os grupos A e B acudirán os luns de xullo e 4, 17 e 18 de agosto de 16:00 a 19:00 horas. O grupo A os días 6 e 20 de xullo e 3 de agosto de 16:30 a 19:00 horas. E o grupo B os días 7, 14 e 21 de xullo de 16:30 a 19:00 horas.
 
A Escola de Remo ofertará 30 prazas e terá lugar en setembro os luns, martes, xoves e venres de 19:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 12:30 horas.
 
Desde o Concello de Ribadeo subliñan que nas escolas con límite de prazas teñen preferencia os empadroados/escolarizados en Ribadeo.