O obradoiro "A Lanterna Máxica" chega este sábado, 30 de abril, a Viveiro. Trátase dun espectáculo destinado a rapaces de 8 a 14 anos.

O obradoiro "A Lanterna Máxica" chega este sábado, 30 de abril, a Viveiro. Trátase dun espectáculo destinado a rapaces de 8 a 14 anos.
 
Este sábado, 30 de abril, na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro, terá lugar o obradoiro A Lanterna Máxica, unha aproximación ao mundo do cine e da interpretación.
 
Este espectáculo, que mestura o máis divertido do cine, o teatro e a literatura, comezará ás 16:00 horas. A actividade encadrada na campaña Ler Conta Moito 2016, está dirixida a nenas e nenos de 8 a 14 anos e culminará coa gravación de diferentes textos de Manuel María no que os participantes intervirán como pequenas actrices e actores.