O 9 de maio darán comezo os novos micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello de Ribadeo. En abril foron 56 as persoas que participaron nos obradoiros impartidos.

O 9 de maio darán comezo os novos micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello de Ribadeo. En abril foron 56 as persoas que participaron nos obradoiros impartidos.
 
En maio seguirán os micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello. En total vanse impartir catro cursos. As Concellarías de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local subliñan que o programa está a ter moi boa acollida, xa que durante o presente mes de abril foron 56 as persoas que asistiron aos obradoiros impartidos. 
 
Neste mes de abril as Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo puxeron en marcha o programa da Axenda das Tecnoloxías de Primavera coa súa Factoría Dixital. 
 
Segundo explicas desde as Concellarías organizadoras “esta axenda dixital que rematará en xuño, inclúe píldoras formativas sobre temáticas concretas, prácticas e de interese sobre as tecnoloxías e a súa aplicación a pequenos negocios, á busca de traballo, etc…Trátase de talleres de curta duración  buscan fomentar as competencias dixitais en contidos útiles, prácticos e accesibles e están dirixidos especialmente ás empresas, persoas autónomas, comercios, emprendedor@s así como persoas desempregadas en xeral”. 
 
E engaden que “o programa está a ter moi boa acollida, con lista de espera en moitos dos cursos, concretamente no mes de abril se desenvolveron un total de 4 micro talleres con 56 prazas cubertas, 2 cursos estiveron completos e outros 2 tiveron lista de espera”.  
 
No mes de maio vanse celebrar un total de 4 cursos na Aula CeMIT: 
Luns  9 e martes  10 de maio: Crea a túa web,  para o teu negocio ou busca de emprego. Iniciación a Wordpress. Horarios de 14 a 16 horas e de 20 22 horas.
Xoves 19 de maio: Identidade persoal. Deseña o teu perfil profesional na rede, autocoñecemento, obxectivos e intelixencia emocional na procura de emprego. II parte.  Horario de 16 a 20 horas. 
Venres 20 de maio: Aplicacións para as redes sociais e deseño gráfico básico aplicado ao meu negocio. Horario de 16 a 20 horas.
Luns 30 de maio: Taller de Marketing Viral de 16 a 20 horas.
 
As persoas interesadas en obter máis información e para inscribirse poden dirixirse á Area de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, chamando por teléfono ao 982 128 650 ou na seguinte dirección de correo electrónico: adl@ribadeo.org