O conxunto vocal lugués Sólo Voces actuará este sábado, día 9, en Ribadeo dentro da programación elaborada pola Concellería de Cultura do Concello arredor da figura de Manuel María.
O concerto que será ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval, leva por título O Eco do Poeta Manuel María e recolle a poética do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas a través das composicións de Eli G. Bouso, que recrea as paisaxes adoradas por Manuel María.
O prezo da entrada é de 3 euros.