A Delegación Municipal de Cultura, dentro da súa programación cultural para este trimestre, presenta a Mircromina Títeres coa obra “Vacacións no mar”. A representación conta co patrocinio da Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Rede de Teatros a Auditorios de Galicia e da propia AGADIC.
O acto terá lugar ás 17:30 horas do sábado, 19 de marzo, na Casa da Cultura de Burela, e a entrada será de 2,5 euros. A actividade está destinada para todos os públicos.
“Vacacións no mar” é un espectáculo cheo de acción, emoción e interacción co público, ideal para disfrutar en familia.
A Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro...pero nun descoido o pirata Ollo Virollo róuballe o barco e faise á mar. Tras 45 minutos de acontecementos, cumprirá Mariña o seu soño de viaxar polo mundo adiante?...