O Centro de Información á Muller e o Concello de Viveiro organizan unha cea de irmandade para o vindeiro 12 de marzo. Con esta cea conmemora o Día Internacional da Muller, que se celebra o día 8 de marzo.
A cea terá lugar no Restaurante Louzao a partires das dez da noite.