Sarabela Teatro pon en escena este domingo, 21 de febreiro, en Ribadeo a obra "Ensaio sobre a cegueira".

Sarabela Teatro pon en escena este domingo, 21 de febreiro, en Ribadeo a obra "Ensaio sobre a cegueira".
 
A compañía Sarabela Teatro presenta este domingo, 21 de febreiro, en Ribadeo a súa última montaxe, unha versión da obra “Ensaio sobre a cegueira”. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo ás oito e media da tarde.
 
Esta adaptación da famosa novela do premio Nobel José Saramago ven percorrendo os escenarios de Galicia dende o pasado mes de setembro. Está dirixida por Ánxeles Cuña e interpretada por Fina Calleja, Sabela Gago, Vicente Montoto, Fernando Dacosta, Xavier Estévez, Josito Porto, Elena Seijo, Nate Borrajo e Jorge Casas.
 
Esta representación inclúese nas actividades programadas para este mes de febreiro pola Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo.
 
Argumento 
Unha epidemia súbita causa aos habitantes dunha cidade sen nome unha cegueira branca, descoñecida, que se expande de maneira fulminante polo país. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os personaxes viven con intensidade o amor, o odio, a crueldade, a indiferenza e o medo.
 
A epidemia non se detén e os ollos da única muller non afectada serán testemuña excepcional do inferno provocado pola fame, a sucidade, a infamia e a aldraxe sexual. Fantasía e realidade entretecidas nunha impresionante parábola do tempo que vivimos. Recuperar a lucidez e rescatar o afecto son dúas propostas fundamentais desta obra que é, tamén, unha reflexión sobre a ética do amor e a solidariedade.