O Auditorio Municipal de Ribadeo acollerá o 4 de xaneiro unha versión modernizada do clásico "Os tres porquiños". Combina teatro, música e coreografías.

O Auditorio Municipal de Ribadeo acollerá o 4 de xaneiro unha versión modernizada do clásico "Os tres porquiños". Combina teatro, música e coreografías.
 
O Auditorio Municipal de Ribadeo acolle o vindeiro luns, 4 de xaneiro, o espectáculo Os tres porquiños, da compañía Educa Teatro, que mestura o conto tradicional con pezas musicais e coreografías. A cita é as 17:30 horas.
A peza tratar a achegarse á vida dos tres porquiños e o lobo feroz nos nosos días e pregúntase se poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casas. A fábula orixinal  modernizada e adaptada aos tempos que corren intenta transmitir aos máis pequenos os valores de respecto e protección da natureza, a solidariedade ou o esforzo. A técnica dramática empregada para a obra é a dos corpóreos, personaxes a tamaño real que recrean á a imaxe humanizada dos tres porquiños e mailo lobo feroz. Ademais, para facilitar a interacción co público, o condutor da obra será un explorador moi afeccionado aos contos, que irá debullando os misterios desta nova historia do século XXI.
A banda sonora orixinal, composta por cinco pezas musicais, servirá para facer partícipes os cativos das coreografías que se van sumando ao fío argumental da obra, ao mesmo tempo que valerán como ferramenta para que aprendan ou reforcen os números, as cores, as prendas de roupa e os animais, entre outros coñecementos marcados no currículo escolar. 
Durante os 50 minutos de duración da obra, o público poderá cantar e bailar mentres vai coñecendo os misterios dunha obra clásica que segue vixente malia o paso dos anos. 
A peza está pensada para cativos de máis de dous anos e as súas familias. Ao final haberá unha sesión de fotos cos protagonistas para os que desexen retratarse con eles.