Os actos terán lugar no local social e comezarán a partir das 19.00 h, con unha obra de teatro, a cargo do grupo Falcatrueiros coa obra “Clownvento”, unha obra incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo, con entrada libre.
De seguido, poderán degustar castañas (1 €/ración) acompañadas dun bocata de panceta (1,50 € socios e 2,50 € non socios).
Aínda que a programación é similar á de outros anos… este ano será diferente!!! E ata aí podemos ler… Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animan a toda a xente a participar deste magosto.
O colectivo tamén informa que xa está exposta a cesta de Nadal pola que podedes asinar (3 euros cada firma) e que, un ano máis, os veciños de Trasbar xogaremos ao mesmo número na Lotería de Nadal. Podes reservar ou mercar o teu décimo do 90.158