En Cervo 40 nen@s de primaria participan no taller de teatro infantil, organizado pola Concellería de Cultura. En decembro terá lugar a representación de dúas pezas.

En Cervo 40 nen@s de primaria participan no taller de teatro infantil, organizado pola Concellería de Cultura. En decembro terá lugar a representación de dúas pezas.
 
40 nenos e nenas alumnos de Primaria participan na nova edición do taller de teatro infantil Pimpím, que organiza a Delegación Municipal de Cultura do Concello de Cervo.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “é un número elevado polo que se fixo necesario dividir o taller en dous grupos. Esta actividade inclúe xogos para a perda do medo escénico e a mellora da interacción cos compañeiros, ademais do ensaio dunha peza teatral. Pimpím arrincou o venres pasado e desenvolverase todos os venres, un grupo de 16:30 a 17:30 horas e o outro de 19:30 a 20:30 horas. Rematará o día 19 de decembro, cando terá lugar a representación de dúas pezas, que ensaiarán durante as próximos días. As primeiras xornadas están centradas en axudar aos nenos e nenas a perder a vergoña, o medo escénico e a interactuar cos seus compañeiros a través de diversos xogos para despois comezar a ensaiar as pezas teatrais que se exhibirán ante o público”.
Dolores García está “moi satisfeita polo incremento na participación, o que indica que Pimpím vaise consolidando, pois cada vez son máis nenos e nenas os que ven no teatro unha forma de pasalo ben. E, por outra parte, ten múltiples vantaxes, como desenvolver mecanismos á hora de comunicarse diante de persoas, aprender expresión corporal e ademais é una actividade para interactuar entre eles dunha forma distinta”.