A asociación ACD Xove organiza unha ruta por "A Cubela", en Ribas do Sil, o vindeiro 20 de setembro. A inscrición está aberta.

A asociación ACD Xove organiza unha ruta por "A Cubela", en Ribas do Sil, o vindeiro 20 de setembro. A inscrición está aberta.
 
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase o 20 de setembro ao municipio de Ribas do Sil (Lugo) para facer a ruta de A Cubela, segundo os organizadores “unha das máis bonitas que se pode facer na Ribeira Sacra”. O percorrido, de 14 quilómetros, atravesa antigas minas romanas de ouro, aldeas restauradas, viñedos, soutos, castros, igrexas románicas e mosteiros. Tamén verán os participantes o espectacular meandro de 180º do río Sil na Cubela, así como San Clodio, a capital do concello de Ribas do Sil.
A dificultade é media-baixa e a saída en autobús será dende o Centro Cívico de Xove ás 7:45 horas da mañá. O prezo para socios non federados será de 12 euros, para socios con seguro deportivo, 14 euros, para non socios federados, 15 euros, e para non socios con seguro deportivo, de 17 euros. 
A comida será de bocatas, por conta propia. Para inscribirse e solicitar información os interesados poden chamar ao teléfono 618 97 61 59 ou dirixirse á Piscina Municipal de Xove. O prazo de inscrición remata o 18 de setembro ás 10 da mañá.