A inauguración da I Feira do Libro de Burela, que se celebra os días 29 e 30 de agosto, contará coa presenza da actriz Belinda Washington. Polo evento pasarán numerosos escritores.

A inauguración da I Feira do Libro de Burela, que se celebra os días 29 e 30 de agosto, contará coa presenza da actriz Belinda Washington. Polo evento pasarán numerosos escritores.
 
A actriz Belinda Washington asistirá á inauguración da I Feira do Libro de Burela o próximo sábado, 29 de agosto, ás 12:30 horas para apoiar esta nova iniciativa cultural na Mariña.  Anunciouno o concelleiro de Cultura, José Díaz, que agradece a presenza da actriz e presentadora así como “su apoyo constante y desinteresado a la cultura de esta comarca por la que siente predilección y en la que pasa largas temporadas, ya que desde hace años cuenta con casa en Trabada”.
A esa hora ás 12:30 do sábado terá lugar tamén a lectura do pregón a cargo de Marta Sanz, novelista e poeta, finalista do premio Nadal, galardoada cos premios Tigre Juan e Ollo Crítico de Narrativa. 
O edil socialista destacou tamén a presenza de Francisco Narla na feira o día 29, ás 19 horas, a través dun encontro con lectores. Narla é autor,  entre outros libros, de Caja Negra, publicación recuperada o pasado mes de maio pola editorial Planeta. Trátase dun thriller que sorprende polas asombrosas similitudes coa traxedia aérea acontecida recentemente nos Alpes franceses. 
Tamén pasará o sábado ás 18:30 horas pola I Feira do Libro de Burela Héctor Castiñeira López, autor do bestseller La vida es suero. Castiñeira é o enfermeiro español máis influínte en internet e o seu perfil Enfermera Saturada ten máis de 150.000 seguidores nas redes sociais, nas que conta o día a día dunha enfermeira que busca un oco no mundo sanitario. O seu perfil de Twitter acabou desembocando nun blog e, a finais de 2013, as súas historias cheas de humor tomaron forma de libro, La vida es suero. Está a punto de publicar con Plaza&Janés un novo libro, El tiempo entre suturas. 
Tamén acudirán á Feira do Libro burelesa, que se celebra os días 29 e 30 de agosto, Antonio Reigosa, Antonio Seijas, Paco Rivas e Alfonso Otero Regal, Ramón Reimunde, Matías Escalera, Patricia Otero, Xulio Pardo de Neyra, Rita Morrigan ou Juan J. Prieto, entre outros. Haberá actividades para os máis pequenos como obradoiros de manualidades e marcapáxinas e obradoiros literarios. 
A instalación de casetas comezou xa na praza da Mariña “esperamos que el viento se calme estos días y que no nos ocasiones problemas, como los ocurridos el pasado domingo en Foz”. 
José Díaz, o concelleiro de Cultura, xa pensa na segunda edición da Feira do Libro de Burela: “de cara al próximo año tendremos que analizar la posibilidad de ampliar fechas. Estaría bien que la feria del libro se celebrase durante el viernes, el sábado y el domingo”.