No parque de San Francisco tivo lugar o sábado, 1 de agosto, a presentación da Comisión de Festas da Patroa 2015, que preside César Fernández Murias.
Da mesma forman parte: Álvaro Prieto Suárez, Marta García Rey, Cristian Sánchez Sánchez, Adriana Fernández López e Antoine Vares Drebler. Todos posaron para a foto acompañados polo alcalde, Fernando Suárez Barcia.
Onte, domingo, a Comisión de Festas da Patroa organizou nas inmediacións da praza de abastos unha sesión vermouth co DJ Sergio para recadar fondos para estes festexos. No recinto instalouse unha barra que foi atendida polos membros da propia comisión.
Nas vindeiras semanas terá lugar algunha actividade pública máis para seguir recadando fondos para as festas patronais. Tamén en datas próximas presentaranse o cartel e o programa de actividades previstas do 28 de agosto ao 8 de setembro para celebrar a festividade da patroa, Santa María do Campo.