Do 22 ao 29 de xuño terá lugar o segundo módulo do programa "Ribadeo medra contigo". A vindeira semana tamén haberá dous obradoiros.

Do 22 ao 29 de xuño terá lugar o segundo módulo do programa "Ribadeo medra contigo". A vindeira semana tamén haberá dous obradoiros.
 
Segue o programa "Ribadeo medra contigo" do Concello co segundo módulo destinado a empresas e emprendemento, que terá lugar do 22 ao 29 de xuño. 
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local sinalan que “o entorno 2.0 dixital actual marca unha nova realidade e necesidade que as empresas teñen que integrar e adaptar; estar presente na rede, a interrelacións cos clientes a través das redes sociais é unha nova forma de intercomunicación cos usuarios reais e potenciais. Para elo presentamos o curso de Marketing, Social Media e Web, que nos axudará a realizar o plan de marketing da nosa entidade, achegáranos a novos modelos de comercialización online e fidelización do cliente, á web, e a outros recursos 2.0 que está a noso alcance e nos poden axudar ao posicionamiento e rendabilidade do noso negocio”. 
O curso irá acompañado de asesoramento individualizado e desenvolvérase os días 22, 23, 24 e 29 de xuño en horario de 14 a 16 horas e 20 a 22 horas cada sesión. Serán un total de 16 horas. As persoas interesadas en acudir poden conseguir máis información contactando coa ADL do Concello: adl@ribadeo.org
Microtalleres
Ademais en breve terán lugar dous microtalleres para o desenvolvemento do sector primario: “o obradoiro para a elaboración de xabróns e produtos de baño, que nos axudará a recuperar a maneira tradicional de elaborar certos produtos evitando produtos sintéticos e reutilizando o aceite que temos na casa ou empregando produtos presentes na natureza: cera, herbas como o tomillo ou romero. Será o 27 de xuño  de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. E o domingo, 28 de xuño, de 10 a 14 horas, terá lugar un obradoiro de cosmética natural. Será entre as dez da mañá e as dúas da tarde”.