Hoxe ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2007. As modalidades que se ofertan neste 2015 son: pesca deportiva, piragüismo, remo, surf e vela.
A cota da matrícula é de 40 euros. O pagamento da taxa deberá facerse efectivo na conta corrente que o Concello ten en Caixa Rural antes do comezo da escola e indicando no concepto: matrícula escola deportiva, así coma o nome do rapaz ou rapaza matriculad@. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. Existe a posibilidade de subvencionar a matrícula, segundo a ordenanza de bases de acceso a prestacións económicas para actividades dirixidas a menores, organizadas polas Concellarías de Cultura, Educación e Igualdade, e de Facenda, Medio Rural, Obras e Deportes.
A inscrición, que se abre hoxe, poderá realizarse na Casa da Xuventude de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e os martes e xoves tamén pola tarde de 16 a 19 horas. O prazo de matrícula estará aberto ata o inicio das escolas ou ata fin de prazas, segundo explican desde a Concellaría de Deportes e desde a Omix. Terán preferencia @s empadroad@s/escolarizad@s en Ribadeo.
Na escola de pesca deportiva o Concello oferta 20 prazas. Esta terá lugar os días: 1, 4, 6, 8, 11, 13, 16, 18, 20, 22 e 24 de xullo de 10 a 14 horas. A escola de vela, que dispón de 15 prazas, desenvolverase en xuño os luns e venres de 16 a 20 horas e en xullo os días 1 e 3 de 16 a 20 horas.
A escola de surf conta con 20 prazas. Esta modalidade terá lugar os días 16, 17, 18, 23, 24, 25 e 30 de xuño de 16 a 18 horas e do 1 ao 17 de xullo (de luns a venres) de 16 a 18 horas.
A escola de piragüismo oferta 20 prazas. A presentación será o 22 de xuño ás catro da tarde. Haberá dous grupos. O A asistirá os días 1, 15 e 22 de xullo e os días 5, 12 e 19 de agosto de 16:30 a 19 horas. E o grupo B acudirá os días 2, 16 e 29 de xullo e 13, 20 e 26 de agosto de 16:30 a 19 horas.
E a escola de remo dispón de 20 prazas. Esta modalidade desenvolverase do 17 de xullo ao 8 de agosto, os luns, mércores e venres de 18 a 21 horas e os sábados de 10 a 13 horas.