O espectáculo musical "Os Tres Porquiños" de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, a Burela.

O espectáculo musical "Os Tres Porquiños" de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, a Burela.
 
O espectáculo Os tres porquiños de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, á Casa da Cultura de Burela. O acto, que se enmarca dentro da Programación Cultural de Primavera do Concello, foi presentado esta mañá polo alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e actores da compañía. 
Esta obra musical con bonecos a tamaño real dará comezo ás 17:30 horas. 
Desde Educa Teatro preguntan “como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?”. E engaden “a resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos”.