O Concello de Lourenzá convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. As interesadas poden anotarse ata o 27 de abril.

O Concello de Lourenzá convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. As interesadas poden anotarse ata o 27 de abril.
 
O Concello convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez, dixo que “a mellor forma de manter viva unha tradición é involucrar ás rapazas desde a súa infancia para que se impliquen na mesma”. As mozas de 10 a 17 anos, de Lourenzá, teñen ata o 27 de abril para anotarse e participar no sorteo que haberá o día 28 e do que sairá elixida a Madalena. 
A edil popular explicou que “desde o Concello de Lourenzá, por segundo ano consecutivo, vimos de convocar un concurso para que as rapazas entre 10 e 17 anos do noso concello poidan converterse en protagonistas do desfile do maio, que cada 1º de maio se celebra en Lourenzá. Trátase dunha tradición popular que queremos manter viva e pensamos que a mellor forma de facelo é involucrar ás rapazas desde a súa infancia para que vivan esta tradición laurentina e se impliquen na mesma”.
Lupez Flórez dixo que “as rapazas de 10 a 17 anos que queiran participar poden anotarse na Biblioteca de Lourenzá en horario de cinco a oito da tarde, ata o 27 de abril, que é luns.  Terán que ir acompañadas dun adulto para firmar a pertinente autorización para participar no concurso. Despois o día 28 de abril haberá un sorteo entre todas as anotadas, na Biblioteca, ás 18:30 horas do que resultará elixida a persoa que representará este ano á tradicional figura da Madalena, que é aquela rapaza engalanada alegoricamente de primavera, que subida a un carro tamén adornado, acompaña á tradicional figura do maio que desfile polas rúas da nosa vila durante a tarde do primeiro de maio”.
E engadiu: “nesta ocasión queremos agradecer a cesión altruísta que, da imaxe que acompaña ao cartel da Madalena nesta edición, nos fixo o fotógrafo local Fabián Reino. É unha dixitografía que forma parte da súa obra, parte da cal se pode ver na actualidade no Pazo de Tovar”.