Un ano máis a comisión de festas de Monte, formada por membros da asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 18 e 19 de abril, con arranxo ao seguinte programa:
Sábado ,18 de abril:
-13:00 horas.- misa solemne na igrexa parroquial e procesión en honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- sesión vermú con Lembranza.
-15:00 horas.- xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente hai que chamar ao tfno: 646647619.
-17:00 horas.- verbena con: Lembranza e Fenix. Para esta verbena, a comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
Domingo, 19 de abril:
-10:00 horas.- ruta de sendeirismo Penasagudas á Cruz do Pao da Vella, organizada pola asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
-14:00 horas.- sesión vermú con Lembranza.
-17:00 horas.- despois de xantar, baile e verbena con Lembranza.
A comisión de festas dispón dunha carpa na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa. A comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas festas patronais.