Un total de 119 nadadores de 8 clubs do norte peninsular participan este sábado, 11 de abril, no I Trofeo de Natación Concello de Cervo.

Un total de 119 nadadores de 8 clubs do norte peninsular participan este sábado, 11 de abril, no I Trofeo de Natación Concello de Cervo.
 
A piscina municipal de Lieiro acolle este sábado o I Trofeo de Natación Concello de Cervo. Unha competición que reunirá a 119 nadadores dun total de 8 clubs de Galicia, Asturias e Euskadi. En concreto, acudirán o CN Liceo da Coruña, o CN Xove, AD Náutico de Narón, CN Cedeira, CN Avilés, CN PortaMiñá Lugo e CN Barakaldo. 
A competición, que está organizada polo CN PortaMiñá de Lugo coa colaboración do Concello, dará comezo ás 11 horas, e incluirá as categorías de infantil, junior e absoluta; mentres a entrega de medallas individuais e o trofeo ao equipo campión está prevista para as 13:30 h. 
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o presidente do Club Natación Porta Miñá Lugo, Fernando Timiraos, e a vicepresidenta, Ángeles Vázquez, deron a coñecer os detalles desta competición e valoraron moi positivamente a súa “forte acollida na primeira edición, o que nos permitirá darlle continuidade e impulsar o trofeo como unha cita deportiva de calidade buscando que se converta nun referente a nivel galego”, tal e como explica Guillén. De feito, cabe destacar o nivel dos nadadores, xa que participarán deportistas da Selección Española. 
Ao mesmo tempo, Guillén resalta que este evento “tamén será un xerador de actividade, xa que serán 119 nadadores e as súas familias ou acompañantes os que pasarán o día en San Ciprián, de forma que será beneficioso para a economía local”.