Os nenos e as nenas de 3 a 10 anos teñen unha cita este sábado, 11 de abril, na Casa da Cultura de Burela co espectáculo "Lobo Bobo" de Elefante Elegante.

Os nenos e as nenas de 3 a 10 anos teñen unha cita este sábado, 11 de abril, na Casa da Cultura de Burela co espectáculo "Lobo Bobo" de Elefante Elegante.
 
A Concellería de Cultura de Burela,  a través da Biblioteca Pública Municipal e dentro do programa Ler conta moito, presenta o vindeiro sábado, 11 de abril, á Compañía Elefante Elegante co espectáculo Lobo Bobo, destinado ao público infantil de 3 a 10 anos.
Segundo informan desde a Concellería de Cultura “Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.Un espectáculo interactivo, onde as marionetas cobran vida nas casas que se irán construíndo diante dos ollos dos espectadores á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís. ¿Que pasaría se o lobo de Carrapuchiña se fixese vexetariano? ¿Que acontecería se a madastra de Branca Neve  se convertese nun dos tres Porquiños por mirarse tanto no espello máxico?”. A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo de Elefante Elegante este sábado ás 17:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela. A entrada será libre.