A Casa da Cultura de Burela acollerá un acto de homenaxe a Rosalía de Castro, este venres, 30 de xaneiro.

A Casa da Cultura de Burela acollerá un acto de homenaxe a Rosalía de Castro, este venres, 30 de xaneiro.

 

O Concello de Burela organiza este venres, 30 de xaneiro, un acto para celebrar o aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Está organizado polas Concellerías de Cultura e Muller e dará comezo ás 20:30 horas. A Casa da Cultura acollerá o venres o acto Que bela te deu deus!, co que o Concello quere renderlle homenaxe a Rosalía de Castro, "que aglutina na súa persoa tres características salientables: muller, poetisa e novelista, que escribiu tanto en galgo coma en castelá nunha época, no século XIX, na que non resultaba nada fácil ser muller e moito menos escribir en galego. Por iso, consideramos que esta muller, loitadora e valente, merece a nosa lembranza", explicaron Mónica Pedre e Diana Durán.

A soprano Esperanza Iglesias Méndez e Aurelio Chao Fernández ao piano interpretarán Oito cancións sobre poemas de Rosalía de Juan A. Moreno Fuentes, e Seis baladas galegas de Xoán Montes. As edís populares anunciaron que "ao longo do mes de febreiro, que é cando se celebra o aniversario do seu nacemento, haberá outras actividades en Burela co fin de promover o coñecemento da obra de Rosalía de Castro e o fomento do uso do galego entre os nosos veciños e veciñas, así como da cultura popular".