A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, inaugura o 2 de maio unha exposición fotográfica dos seus 50 anos

A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, inaugurará o día 2 de maio, venres, unha exposición fotográfica dos seus 50 anos de historia. Será a partir das 19:00 horas nas Escolas Vellas de Cervo.

“Son 50 anos de cultura, de festividades, de viaxes e de anécdotas. Son 50 anos de historia e, por sorte, moita dela fotografada. Inauguramos unha pequena exposición de fotos que che fará recordar a vida de Cervo dende o 1975 ao 2025. E se ese día non podes asistir, atento porque iremos publicando días e horas nas que estará aberta ao público”, anuncia Airiños do Xunco.