
O mércores 30 de abril e o xoves 1 de maio desenvolveranse as actividades da XLV Festa da Troita da Pontenova, declarada de interese deportivo nacional, mellor evento deportivo de España 2022 e festa de interese turístico. Inclúe o XI Concurso de Salmón, o XVII Concurso Internacional de Mosca e o XLV Concurso Popular.
O mércores ás 09:00 horas haberá unha exhibición do escultor con motoserra Eugenio Linares; desde as 10:00, venta e exposición de novos materiais de pesca na Casa da Cultura; ás 19:00 horas, inauguración das novas pedras no Paseo do Pescador e seguidamente visita ó Museo da Pesca; ás 21:00, recoñecementos do CIT e imposición das Troitas de Ouro; ás 21:30 horas, pregón a cargo de Miguel Ángel Revilla; e ó remate apertura da caseta e degustación de troitas de Ribeira de Piquín. Tamén haberá verbena amenizada polas orquestras Gran Parada e Grupo Beatriz.
E o xoves, 1 de maio, as actividades comezarán ás 07:00 horas coa concentración de Pescadores na Praza dos Fornos; ás 09:00 empezarán os concursos de pesca (lance, salmón e mosca); ás 12:00 horas terá lugar unha exhibición de pesca á mosca polos campións do mundo Pablo Castro, Pascal Cognard, Said Yahiaoui, Fran Llamas e a competidora Raquel Cabeza; ás 13:30 rematarán os concursos e farase a pesaxe e clasificación; seguidamente comezará unha macro sesión vermú coa orquestra Salsarena; ás 16:30 horas disputarase o IV Campionato de Billarda Festa da Troita; e ás 18:00 terá lugar a entrega trofeos no salón de actos da Casa da Cultura.
Organiza o Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova e colaboran o Concello e a Deputación de Lugo.