O XV Encontro de Palilleiras de Burela celebrarase o 17 de maio

O Concello de Burela anuncia que a décimo quinta edición do Encontro de Palilleiras celebrarase o sábado 17 de maio e explica que será “unha xornada para poñer en valor o traballo artesanal das palilleiras, con demostracións, visitas culturais, boa gastronomía... e moito máis”.

O programa de actividades inclúe: ás 10:30 horas, recepción de palilleiras; de 10:30 a 13:30, demostración de traballos; ás 11:30 será a inauguración; ás 12:00, degustación de empanada de pescada, visita ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio; de 14 a 16 horas, comida; ás 16:00, demostración de traballos; ás 17:30, sorteo de agasallos; e ás 19 horas, despedida. A xornada estará amenizada por Arume, globoflexia e pintacaras.