Acia Foz-CCA sorteará o 24 de marzo 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai

Acia Foz-CCA sorteará o 24 de marzo 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que arrincou o 10 deste mes e que se prolongará ata o 19. 

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou na presentación que “aquelas persoas que fagan as súas compras, entre os días 10 e 19 deste mes, por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA recibirán papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.

Paleo lembrou que “no comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás e tamén aos Pepes e ás Pepitas. E toca celebrar esta xornada na hostalería local, en familia e cos amigos”. 

Na presentación da campaña do día o pai de Acia Foz-CCA participaron varios membros da xunta directiva: José Carlos Paleo,  presidente; José Ginzo, vicepresidente; así como Celia Núñez e Ramón Castro; e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro. 

Acia Foz-CCA organiza esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia e do Concello de Foz.