
Baixo o lema Libres e iguais: cada día máis fortes, O Concello de Alfoz anuncia as actividades programadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller: “como mostra de apoio e recoñecemento á loita das mulleres pola igualdade, a Casa do Concello tinguirase de violeta durante esta xornada.
Ademais, dentro do compromiso do Concello coa visibilización do papel fundamental das mulleres na nosa sociedade, publicarase a segunda edición de Mulleres de Alfoz. Esta iniciativa, que tivo boa acollida na súa primeira edición, recolle a traxectoria de mulleres do noso municipio, destacando as súa vidas de esforzo, superación e traballo. Nesta nova edición contarase coa representación dunha muller de cada parroquia, sumando un total de nove protagonistas. Todas elas comparten historias de vida marcadas pola dedicación e unha conciliación familiar e laboral realizada sen axudas públicas”.
O Concello de Alfoz reitera o seu compromiso coa igualdade e con iniciativas que contribúan a poñer en valor o papel das mulleres do noso concello. “Animamos á veciñanza a participar nesta conmemoración e a descubrir as historias inspiradoras das Mulleres de Alfoz”, remata o Concello.