Foz celebra as xornadas gastronómicas das albóndegas ata este domingo, 23 de febreiro

Foz celebra ata este domingo, día 23 de febreiro, as xornadas gastronómicas das albóndegas, que organiza AciaFozCCA e nas que participan 10 locais hostaleiros.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, sinalou que “durante estes 3 días os dez negocios participantes servirán pinchos, tapas e racións de albóndegas en diversas elaboracións”.

Nas xornadas gastronómicas da albóndegas danse cita: Augas Santas, Bar 78, Bar Campos, Cafetería Anduriña, Casa Damián, Dandy, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte e Xoyma.

E tamén ata este domingo desenvólvese en Foz a campaña especial denominada O teu café ten premio, que está enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se celebra no IES de Foz.

Aquelas persoas que estes días tomen o café en Anduriña, Bar 78, Dandy, Los Dulces de Delphine, Marexada, O Muelle Bar, Tangarte, Coffee Urban Roasters Foz, Xoíña Pizzería e Xoyma participarán no sorteo dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo terá lugar en Radio Foz o 26 de febreiro.

AciaFozCCA organiza estas dúas campañas coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.