Este sábado, 1 de febreiro, desenvolverase un curso de poda en Sante (Trabada)

A Asociación de Veciños San Julián de Sante (Trabada) organiza un curso de poda para este sábado, día 1 de febreiro, que se desenvolverá no Teleclub de Sante en horario de 9:00 a 19:00 horas. Esta iniciativa forma parte dun ciclo de formación centrado no desenvolvemento e aproveitamento da froita.

A programación inclúe tres cursos sobre: poda, para aprender a preparar as árbores dende o inicio; enxerto, para mellorar o desenvolvemento das árbores unha vez xerminen; e apicultura, fundamental para a polinización das árbores e a sustentabilidade do proceso.

Está previsto que este círculo frutícola se peche en xuño cun curso de elaboración de marmeladas, permitindo aproveitar ao máximo os froitos cultivados.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia de apoiar este tipo de actividades impulsadas polas asociacións locais, xa que “contribúen a dinamizar o concello e ampliar a oferta cultural e formativa”. Así mesmo reiterou “o compromiso do Concello de Trabada en seguir colaborando nas iniciativas dos colectivos culturais e deportivos que dinamizan o municipio e fomentan a aprendizaxe en diferentes áreas de interese”.