A asociación cultural O Picato convoca o IX Concurso do Cartel Anunciador do Entroido de Trabada. O prazo remata o 31 de xaneiro

A asociación cultural O Picato convoca a novena edición do Concurso do Cartel Anunciador do Entroido de Trabada. O prazo para presentar traballos a este certame remata o día 31 de xaneiro.

As bases de participación son as seguintes: poderán participar tódalas persoas que así o desexen; os traballos deben ser en tamaño DIN A4 (folio); a temática é libre, sempre e cando recolla o espírito do Entroido; a data límite de entrega é o venres 31 de xaneiro de 2025 ás 19:00 horas; os traballos recolleranse no Spar Express Trabada; cada participante pode entregar un máximo de dúas obras; os traballos serán anónimos e os datos persoais do/a autor/a deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo; os datos a incluír son nome, apelidos e teléfono de contacto; o premios é de 50 euros, que se entregará xunto cos premios do desfile; o fallo do xurado, formado pola xunta directiva da asociación, será o día 1 de febreiro de 2025, dándose a coñecer o/a gañador/a ao día seguinte, 2 de febreiro; a obra gañadora pasará á propiedade da Asociación Cultural O Picato e empregarase como imaxe de fondo do cartel anunciador do Entroido 2025, reservándose os seus dereitos de uso; tódolos traballos serán expostos na Casa da Cultura do Concello de Trabada; a presentación a este concurso implica a aceptación das bases e aqueles traballos que non cumpran coas mesmas serán descualificados; ningún membro da directiva da Asociación poderá presentarse; e en caso de plaxio a responsabilidade será do/a autor/a e en ningún caso da Asociación Cultural O Picato.