A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta desde O Vicedo ata Celeiro para o 25 de xaneiro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 25 de xaneiro, sábado, un percorrido pola ruta do Camiño Natural do Cantábrico, concretamente no tramo desde a praia da Abrela, no Vicedo, ata o porto de Celeiro (Viveiro). A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Covas.

A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 23 de xaneiro, chamando aos teléfonos 619.75.17.04 (Fina) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.