O Concello de Cervo organiza unha viaxe para asistir a unha representación do Centro Dramático Galego en Santiago o 17 de xaneiro

O Concello de Cervo organiza unha viaxe para asistir a unha representación do Centro Dramático Galego en Santiago o día 17 de xaneiro, venres. Esta actividade forma parte da iniciativa Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego.

O autobús sairá da Casa do Mar de San Ciprián ás 14:00 horas, a función será ás 18:00 e a hora prevista para a saída desde Santiago é ás 20:00. O prezo da entrada é de 5 euros.

O Concello de Cervo anuncia: “lembrade que tedes que anotarvos para ir e podedes facelo chamando á Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57)”.