A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra unha comida de Nadal este sábado, 21 de decembro, en Mondoñedo

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza una comida de Nadal para este sábado, día 21 de decembro. Será ás 14:30 horas na Casa A Penela, de Vilamor (Mondoñedo).

A comida celebrarase despois da asemblea xeral ordinaria da asociación, que terá lugar no salón de actos do Concello de Lourenzá e esta programada para as 11:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.

O prezo é de 25 euros e o prazo de inscrición para participar remata este mércores, 18 de decembro. Para anotarse hai que facelo a través do teléfono 619.37.80. 29  (Lupe).