O día 19 de decembro, xoves, Ourol recibirá a visita de Papá Noel con un acto no que haberá tamén un contacontos de Nadal. Será no Edificio Multiusos ás 18:00 horas e está destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de decembro.
O Concello de Ourol anuncia: “moi poucos coñecemos a verdadeira historia de Papá Noel. A través deste contacontos descubriremos todos os segredos da súa vida e como comezou a facerlle regalos ós nenos e nenas. Unha historia chea de maxia , amizade e ilusión. Acompañádenos o día 19 de decembro as 18:00 horas. No edificio multiusos de Ourol. Haberá moitas sorpresas!!! Inscricións na páxina web do concello de Ourol, no apartado de Biblioteca ou na páxina de Facebook do concello de Ourol no enlace habilitado. Non esquezades traer a carta para Papá Noel!! Máis información nos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51”.