A Sala Bahía, de Foz, acollerá o 20 de decembro a representación de “A noite xusto antes dos bosques”, de TropoNonTroppo

A compañía de teatro establecida en Vigo, TropoNonTroppo, presenta A noite xusto antes dos bosques, unha reinterpretación en galego do monólogo de Bernard-Marie Koltès, que terá lugar o 20 de decembrode 2024, ás 20:30 horas, na Sala Bahía de Foz. Esta innovadora proposta combina teatro, música e proxeccións audiovisuais para mergullar ao espectador nunha experiencia multisensorial única da man de Víctor Díaz e Sandra Moya.
 
Unha visión universal e contemporánea
A obra aborda as fendas sociais do noso tempo: xenofobia, homofobia, illamento, perda de vínculos humanos e desarraigo. Nun mundo que constrúe máis barreiras ca pontes, A noite xusto antes dos bosques convida a revisar os nosos prexuízos e recoñecer a humanidade compartida.
 
“Koltès escribiu sobre a necesidade de comunicarnos, mesmo desde a dor e a diferenza. Hoxe a súa mensaxe é máis urxente ca nunca: escoitar, comprender e recoñecérmonos como iguais”, sinala Sandra Moya, directora da obra.
 
Multidisciplinariedade escénica
O espectáculo destaca pola fusión de diversas disciplinas: música en estilos que van desde o jazz ao drill e á canción protesta, unha coidada selección audiovisual e unha interpretación que bebe do teatro físico e textual. O resultado é un espazo escénico vivo que dialoga constantemente co público.
 
En definitiva, unha experiencia que convida á reflexión e ao entendemento humano.
Datos de la función:
• Data e hora: 20 de decembro de 2024, 20:30 h
• Lugar: Sala Bahía, Rúa Cervantes, 40. Foz.
• Entradas: 10 €.