A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca a fase local do Certame de Poesía Infantil Nadal 2024. Os traballos premiados participarán na fase provincial do concurso, organizada pola Biblioteca Pública de Lugo co apoio da Xunta de Galicia.
Haberá tres categorías: ata 8 anos; de 9 a 11 anos; e de 12 a 16 anos. Os poemas deberá estar en galego e ter a extensión máxima dun folio escrito por ordenador ou con bolígrafo. O prazo de entrega na biblioteca rematará o día 20 de decembro. Os datos identificadores irán nunha folla a parte e nunca no traballo presentado.
O xurado, composto por persoas expertas na materia, determinará unha persoa gañadora por categoría, que recibirá un diploma e un lote de libros, no mes de xaneiro de 2025. Os traballos premiados formarán parte dun libriño conmemorativo.