O día 19 de decembro, xoves, Barreiros será a sede do IV Consello Alimentario do Eo, un foro de diálogo e colaboración que reúne a organismos públicos, entidades privadas, especialmente produtores comprometidos coa calidade e coa promoción dun consumo responsable, e á poboación en xeral. Celebrarase nas escolas de San Cosme de Barreiros desde as 10:30 horas.
O Concello de Barreiros explica que “os obxectivos principais deste consello radican en fomentar a sustentabilidade, apoiar o uso de produtos locais e promocionar o noso territorio. Barreiros vén destacando polo seu compromiso e posta en valor dos produtos locais. Para elo estanse promovendo feitos coma os mercadiños estacionais con produtores da zona, achéganse premios compostos por produtos locais en eventos deportivos e culturais, tamén coa introdución de alimentos de proximidade na escola infantil municipal e nos comedores escolares entre outras moitas accións que se están a levar a cavo desde o Concello de Barreiros. Este evento será unha oportunidade para avanzar cara a un modelo alimentario máis sostible, no que o rural e os produtos de calidade, volvan a ocupar o lugar que se merecen”.
A xornada será aberta para toda a poboación e as persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente a través do seguinte formulario: https://docs.google.com/.../1FAIpQLScFHq7eFI5.../viewform...