O Concello de Xove conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con actividades do 25 de novembro ao 9 de decembro

Dende o Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e políticas de Igualdade do Concello de Xove organízase durante a próxima semana unha serie de actos en conmemoración do 25N. 

Dende o Concello sinalan: “consideramos vital para cambiar o futuro o traballo coas novas xeracións na concienciación e na importancia da educación en igualdade, para combater a violencia machista”. 

25 NOVEMBRO: Proxección das VIÑETAS NARRADAS polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, ás 11:00h. no Salón de Actos. A continuación, lectura de MANIFESTO e creación de un gran LAZO morado na praza do Concello, simbolizando a importancia de cada voz na unidade fronte á violencia contra as mulleres. 

25 NOVEMBRO: Decoración da fachada da Casa Consistorial co LAZO morado, símbolo da loita contra a violencia machista. 

2 DECEMBRO: TALLER “Os cambios na pubertade e a chegada da menstruación”, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, ás 10:30h. no Salón de Actos. 

9 DECEMBRO: Encontro e DEBATE “Hai saída grazas a ti”, co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Illa de Sarón, ás 11:00h. no Salón de Actos.