Os Sendeiros, de Foz, farán unha ruta pola Costa Ártabra o 10 de novembro

A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o 10 de novembro, domingo, a ruta de Cabo Prior a Lavacerido, na provincia da Coruña. A saída desde Foz será ás 07:00 horas e ás 07:15 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 6 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo e destaca que é “una bonita ruta por la Costa Ártabra, zona de Ferrol; son 13 kilómetros cómodos de caminar disfrutando de unas magnificas vistas desde las islas Sisargas hasta el cabo Ortegal”.