O libro sobre baloncesto `Canastas y medallas’ preséntase na libraría Bahía, de Foz, este xoves, 17 de outubro

Este xoves, día 17 de outubro, ás 20:30 horas na libraría Bahía, de Foz, presentarase o libro Canastas y medallas, la historia del baloncesto olímpico. No acto participarán os seus autores: Roberto Anidos e Eduardo Fernández.

A libraría Bahía explica que “Roberto Anidos é redactor deportivo especializado en baloncesto desde a súa revista dixital piratasdelbasket.net. A través do seu medio estivo presente en todas as competicións, tanto a nivel nacional como internacional dende o ano 2009. Colabora con distintas radios -Deportes Cope Santiago, Radio Galega e Radio Marca Coruña-, tanto en programas deportivos como na locución de encontros. E Eduardo Fernández foi correspondente en EE.UU. da revista Gigantes del Basket (1987-1996) e colaborador dos diarios AS, El Mundo e El Observador de la Actualidad, ademais de nas revistas FIBA Basketball e a italiana Giganti del Basket. Redactor e produtor nos Estados Unidos da serie Chócala, de RTVE (1991-1992), entrevistando a máis de 50 xogadores e adestradores dos equipos norteamericanos que participaron nos Xogos Olímpicos dende 1936 a 1992. Dous grandes coñecedores, por tanto, do mundo do baloncesto tanto a nivel nacional coma internacional que nos contan neste libro a historia olímpica desde deporte desde os seus principios ata a actualidade. Cita obrigada para todas as persoas amantes do mundo do baloncesto”.