O Concello de Alfoz organiza actividades infantís na biblioteca municipal os días 19 e 26 de outubro

O Concello de Alfoz anuncia que “con motivo de que o próximo 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas, a Área de Cultura fixo unha programación especial na Biblioteca Pública Municipal para os máis pequenos”. Estas actividades serán os sábados 19 e 26 de outubro.

O día 19 ás 12:00 horas desenvolverase “un obradoiro creativo titulado A biblioteca ideal, no que os máis pequenos crearán o seu propio libro, para así, entre todos, formar a biblioteca desexada. Estará dirixido por Os Náufragos Teatro”.

E o sábado 26 de 17:00 a 20:00 horas haberá “Xogos na biblioteca, con distintas actividades para pasar unha tarde do máis entretida”.

Para participar nestas actividades non é necesaria inscrición, pero para máis información as persoas interesadas poden preguntar na Biblioteca Municipal de Alfoz ou no teléfono 982.57.12.70.