O grupo Acordeonistas da Mariña actuará en Alfoz o 19 de outubro

O grupo musical Acordeonistas da Mariña actuará en Alfoz o día 19 de outubro, sábado. O concerto será ás 19:30 horas no salón de actos Casa da Cultura, con entrada gratuíta.

Esta actividade está organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “o mes de outubro tamén trae propostas musicais para todos os públicos”.