O colectivo que elabora a alfombra floral de Burela organiza unha cea baile para o 19 de outubro

O colectivo que elabora a alfombra floral de Burela organiza unha cea para o día 19 de outubro, sábado. Será no Hotel Nordés ás 22:00 horas.

A cea estará amenizada por DJ Tomás e sortearase unha cesta de peixe valorada en 250 euros, doada por ABSA. Os tickets, cun prezo de 40 euros, para asistir están á venda no Hotel Nordés.

“Anímate e únete a compartir unha divertida velada”, di a organización.